A edición completaa un interesantísimo material extra no que destaca a entrañable presentación do filme realizada en Ramallah.
Como ben dixo Amalia Murkus, "Cantar é unha arma de destrucción masiva contra a tristeza", e eso é o que fai Cameo con "Checkpoint Rock: Canciones desde Palestina", canta e berra a favor da liberdade e os dereitos humanos e loita contra a inxustiza e a violencia. A través da música, o director Javier Corcuera e Fermin Muguruza, músico e director de cine, ábrennos os ollos a unha cultura que tenta sobrevivir baixo as bombas. Rap, rock e música tradicional son o fío da historia de cada un dos personaxes, amosando así o que pensan sobre o destino único que lles tocou vivir e como o afrontan a través das súas letras e melodías.
O 20 de xaneiro próximo estarán
á venda en DVD "Checkpoint Rock: Canciones desde Palestina", unha viaxe de contrastes, da man de Fermin
Muguruza e Javier Corcuera, vai cambiar a nosa forma de ver a estas persoas en
conflito para mostrarnos os soños, frustracións e esperanzas dos
palestinos. A edición complétaa un material
extra interesantísimo, no que destaca a entrañable presentación do filme feito
en Ramallah, un evento que contou coa presenza de dalgunhas celebridades do
cine español, entre os que estaba Guillermo Toledo.
O documental foi producido por
Filmanova e K-2000. Estrenouse en cines o 16 de
outubro e xa percorreu numerosos festivais no mundo enteiro.
Para todos aqueles que desexen
saber máis sobre "Checkpoint Rock" e apreciar por adelantado a súa enérxica
música, ademais de poder escoitar varias cancións da película, o enlace
www.myspace.com / checkpointrock ten información interesantísma, como o tráiler
ou diferentes clips do documental.
O DVD pode ser adquirido a partir do 20 de xaneiro nas tendas habituais, así como www.latiendacameo.es.