Filmanova

  • Galego
  • Español
  • Cine
  • Televisión
  • Multimedia
  • Documentais
  • Publicidade
  • Novidades
  • Nós

CAMEO lanza o DVD do documental “Checkpoint Rock: Canciones desde Palestina”

13 de xaneiro | Tags:
Share

A edición completaa un interesantísimo material extra no que destaca a entrañable presentación do filme realizada en Ramallah.

Como ben dixo Amalia Murkus, "Cantar é unha arma de destrucción masiva contra a tristeza", e eso é o que fai Cameo con "Checkpoint Rock: Canciones desde Palestina", canta e berra a favor da liberdade e os dereitos humanos e loita contra a inxustiza e a violencia. A través da música, o director Javier Corcuera e Fermin Muguruza, músico e director de cine, ábrennos os ollos a unha cultura que tenta sobrevivir baixo as bombas. Rap, rock e música tradicional son o fío da historia de cada un dos personaxes, amosando así o que pensan sobre o destino único que lles tocou vivir e como o afrontan a través das súas letras e melodías.


O 20 de xaneiro próximo estarán á venda en DVD "Checkpoint Rock: Canciones desde Palestina",  unha viaxe de contrastes, da man de Fermin Muguruza e Javier Corcuera, vai cambiar a nosa forma de ver a estas persoas en conflito para mostrarnos os soños, frustracións e esperanzas dos palestinos. A edición complétaa un material extra interesantísimo, no que destaca a entrañable presentación do filme feito en Ramallah, un evento que contou coa presenza de dalgunhas celebridades do cine español, entre os que estaba Guillermo Toledo.


O documental foi producido por Filmanova e K-2000. Estrenouse en cines o 16 de outubro e xa percorreu numerosos festivais no mundo enteiro.


Para todos aqueles que desexen saber máis sobre "Checkpoint Rock" e apreciar por adelantado a súa enérxica música, ademais de poder escoitar varias cancións da película, o enlace www.myspace.com / checkpointrock ten información interesantísma, como o tráiler ou diferentes clips do documental.

O DVD pode ser adquirido a partir do 20 de xaneiro nas tendas habituais, así como www.latiendacameo.es.

Anterior Seguinte
RSS das novas

Últimas novas

A longametraxe Doentes seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Moscova

3 de xuño

O Festival de Cans acollerá a estrea da longametraxe galega Doentes

8 de abril

Comeza a xira do espectáculo MUNDO LOIS na Coruña

7 de abril |

Estreas de Cine Filmanova 2011

4 de abril
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain
+34 981 160 188
info@filmanova.com
Licenza | Colofón