O filme foi seleccionado polo Fondo de Coprodución Galicia / Brasil
O mèrcores dous de decembro, as 11h no club internacional de prensa en Santiago de Compostela, os produtores xunto a unha ampla representación do elenco e a secretaria xeral de medios, avanzarán detalles da coprodución.
Onde Està A Felicidade?, que se rodarà no 2010 entre Brasil (Sao Paulo) e O Camiño de Santiago, ata chegar a Compostela, serà unha longametraxe dirixida por Carlos Alberto Riccelli (O Signo da Cidade, Stress, Orgasms and Salvation) e escrita por Bruna Lombardi (O Signo da Cidade, Stress, Orgasms and Salvation).
A parella formada por Bruna, actriz, productora, guionista, poeta, muller de gran talento e Riccelli, director, productor e actor, amosa dúas personalidades ben queridas e recoñecidas en Brasil.
A película, contará no elenco galego, entre outr@s con Maria Pujalte, Luís Zahera, Mela Casal e Berta Ojea e do Brasil, con Bruna Lombardi e Bruno Garcia.
No marco da segunda edición do Fondo de Coprodución Galicia/Brasil, asinado en xuño 2009, entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema do Brasil (Ancine), as produtoras acometeràn a produción durante o primeiro semestre do 2010.
Sinopse: O argumento da película trata dunha muller, Teo, que cre ter todo na vida: un marido que a quere, un bo traballo como presentadora de tv nun programa de cociña e unha vida acomodada. Ata que un bo día queda sen traballo e descobre que o seu marido estalle a ser infiel a través de Internet. Crise de parella. Agora, sen marido e sen traballo, decide comezar unha nova vida. Acompañada de Zeca, o seu productor, quen lle propón facer un programa documental entrevistando a persoas, mentres percorren O Camiño de Santiago, inicia a viaxe. Teo acepta embarcarse no proxecto, coa esperanza de poder atopar a felicidade de novo.
A rodaxe terá lugar en Brasil e Galicia, aínda que gran parte da película transcorre no Camiño de Santiago. Os produtores brasileños (Geórgia Cossta e Carlos A. Riccelli) chegaron estes dias xunto co equipo de Filmanova, logo de ter definidas as localizacións da película.