Filmanova

  • Galego
  • Español
  • Cine
  • Televisión
  • Multimedia
  • Documentais
  • Publicidade
  • Novidades
  • Nós

A SECC presenta o documental: Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco.

9 de decembro
Share

O documental, dirixido por Antón Reixa presentouse no marco da retrospectiva da pintora que alberga a Casa das Artes de Vigo

A película documental, producida por Filmanova para a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, coa colaboración da Fundación Caixa Galicia, percorre a traxectoria vital e artística de Maruja Mallo a través de imaxes de arquivo e algunha reconstrución da vida real da pintora galega que repasa o desenvolvemento da súa pintura e o contexto da época. O documental conta, ademais, cos testemuños de Antonio Bonet Correa, Juan Manuel Bonet, Antón Castro, Isaac Díaz Pardo, Estrela de Diego, María Escribano, Antonio Gómez Conde, Fernando Huici, Emilio Insúa, Shirley Manzini, Carlos Novo, Guillermo de Osma, Marga Paz, Rosario Peiró, Carmen Pena, Juan Pérez de Ayala, Marifé Santiago Bolaños, José Vázquez Cereijo, Ana Vázquez de Parga e Carme Vidal.

A cinta, de 77´ de duración, parte do significativo collage autobiografico (feito con fragmentos de fotografías que realiza en Madrid ao comezo dos anos oitenta) onde fai reconto dos personaxes máis influintes na súa vida como José Ortega y Gasset, Luís Buñuel, Salvador Dalí, Federico García Lorca, Andrè Bretón, Pablo Picasso, Ramón Gómez de la Serna, (unha foto de grupo da Xeración do 27), e José Vázquez Cereijo, entre outros.

O documental, que se publica en formato DVD en castelán, inglés e galego, foi gravado en diferentes institucións como Fundación Caixa Galicia, Caixanova, Museo Patio Herreriano de Valladolid, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, Museo do Castro e Museo de Lugo en Galicia.... así como coleccións particulares en Cortizo, Santiago, Madrid e Barcelona.

Anterior Seguinte
RSS das novas

Últimas novas

Iniciase a rodaxe en España de “Onde está a felicidade?”

16 de xuño

Os intérpretes de Gordos, Celda 211 e La Señora triunfan nos XIX Premios da Unión de Actores

31 de marzo

"GORDOS" entre o mellor do Palm Springs International Film Festival 2010

22 de xaneiro

CAMEO lanza o DVD do documental “Checkpoint Rock: Canciones desde Palestina”

13 de xaneiro |
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain
+34 981 160 188
info@filmanova.com
Licenza | Colofón