Filmanova

  • Galego
  • Español
  • Cine
  • Televisión
  • Multimedia
  • Documentais
  • Publicidade
  • Novidades
  • Nós

Filmanova inicia a rodaxe da TV movie 'Fútbol de Alterne'

4 de novembro
Share

Albert Ponte dirixirá durante catro semanas a película para Televisión de Galicia

 

Fútbol de Alterne é un telefilme en clave de comedia costumista, cun eixo narrativo alimentado por un tema que esperta paixón popular: o fútbol.

A historia baseada nunha idea de Antón Reixa e inspirada nun caso real, describe as peripecias dun modesto equipo de fútbol que por avatares varios, ven ser esponsorizado por un club de chicas de alterne. O que segue, é o imaxinable escándalo por parte do sector mais tradicional da vila, e a posterior reacción das “forzas vivas”.

Os tres principais ingredientes desta comedia son o fútbol, cunha constante presencia nas nosas vidas, a prostitución e outras actividades condenadas pola moral establecida, e o amor.

O lugar onde se desenvolve a historia chámase Vilaboa, un nome escollido con intencións “universalizadoras”, xa que, sabido é que existen numerosas poboacións en Galicia chamadas así. A  coincidencia toponímica  tamén se empregará nun determinado momento da historia coa saudable intención de soltar entre liñas (ou imaxes) o concepto de que, no fondo, todos vivimos no mesmo pobo.

“Fútbol de Alterne”, pese a contar con dous claros protagonistas, é unha comedia coral, na que os personaxes (exceptuando a un futbolista arxentino), serán interpretados por actores galegos, todos eles cunha traxectoria ás súas costas de probada calidade. Entre outros: Fran Grela, Camila Bossa, A. Duran “Morris”; X.M. Olveira “Pico”, Mar García, Evaristo Calvo; Laura Ponte, Lino Braxe, Vítor Mosqueira, Belén Constenla, Mónica García, Vicente de Souza, Rosa Alvarez, Manuel Botana, Fernando Morán...

 A TV movie será gravada en localizacións de concellos dos arredores de A Coruña: Betanzos, Culleredo, Pontedeume, Arteixo, Aranga...

 Ademais de todos estes elementos, “Fútbol de Alterne” contará co particular selo de Alber Ponte como guionista e director, avalado pola súa longa traxectoria no audiovisual galego, sobre todo como curtametraxista. 

Descargas

  • Flyer da tv-movie
Anterior Seguinte
RSS das novas

Producións relacionadas

  • Fútbol de alterne

    2009

Últimas novas

A longametraxe Doentes seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Moscova

3 de xuño

O Festival de Cans acollerá a estrea da longametraxe galega Doentes

8 de abril

Comeza a xira do espectáculo MUNDO LOIS na Coruña

7 de abril |

Estreas de Cine Filmanova 2011

4 de abril
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain
+34 981 160 188
info@filmanova.com
Licenza | Colofón