Filmanova

  • Galego
  • Español
  • Cine
  • Televisión
  • Multimedia
  • Documentais
  • Publicidade
  • Novidades
  • Nós

Checkpoint Rock, de Fermín Muguruza, no Festival de Cine de San Sebastián

16 de setembro | Tags: tv-movie  programas piloto  drama
Share

Filmanova e K 2000 coproducen o documental, que participa na sección Zinemira Panorama de Cine Vasco. Proxectarase o venres  25 de setembro  ás  17.00h na  Sala Príncipe 10 e o sábado día 26, ás  20.30h na Sala Príncipe 9.

O Día do Cine Vasco, que ata o de agora ofrecía unha cita puntual cun pase único de cada película, amplíase ata converterse nunha sección máis do Festival, cunha serie de películas escollidas entre o máis destacado da colleita do ano.

A película, realizada por Javier Corcuera (“A espalda do mundo”), tamén foi seleccionada a competición oficial no Festival Docs de Mexico e no Helsinki International Film Festival, que dará comezo o 17 de setembro. Así mesmo, participará no Toronto Palestine Film Festival, que se celebrará o vindeiro mes de outubro.

As vendas internacionales son xestionadas por Imagina International Sales, que presentará o documental ao MIPCOM de Cannes en outubro. A distribución en salas será de Barton Films e a venda en DVD, a finais de ano, correrá a cargo de Cameo.

Podes ver máis en...

  • Blog de Fermín Muguruza
Anterior Seguinte
RSS das novas

Producións relacionadas

  • Checkpoint Rock

    2008

Últimas novas

A longametraxe Doentes seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Moscova

3 de xuño

O Festival de Cans acollerá a estrea da longametraxe galega Doentes

8 de abril

Comeza a xira do espectáculo MUNDO LOIS na Coruña

7 de abril |

Estreas de Cine Filmanova 2011

4 de abril
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain
+34 981 160 188
info@filmanova.com
Licenza | Colofón