A longametraxe Doentes, dirixida por Gustavo Balza e baseada nunha obra teatral homónima de Roberto Vidal Bolaño, ven de ser seleccionada para participar na 33 edición do Festival Internacional de Cine de Moscova, na sección Focus on Spain. O evento celebrarase do 23 de xuño ao 2 de xullo de 2011 ao que acudirá o director, acompañado por algún dos productores e actores .