Filmanova

  • Galego
  • Español
  • Cine
  • Televisión
  • Multimedia
  • Documentais
  • Publicidade
  • Novidades
  • Nós

O Festival de Cans acollerá a estrea da longametraxe galega Doentes

8 de abril
Share

O Festival de Cans acollerá a estrea de Doentes, unha longametraxe cento por cento galega, baseada nunha obra teatral homónima de Roberto Vidal Bolaño.

Protagonizada por Antonio Durán Morris e Xosé Manuel Olveira Pico, conta temén  no elenco con Maria Vazquez, Ernesto Chao, Rosa Alvarez, Farruco Castromane Xan Cejudo.

Dirixida por Gustavo Balza e producida por Antón Reixa, a película pré-estrearase o xoves día 19 de maio no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, anticipándose á súa estrea nas salas do Estado o 20 de maio.

A cita contará coa presenza do equipo artístico da película, encabezado polos actores protagonistas, do seu director e do equipo técnico, que como é habitual desfilarán en chimpíns por O Porriño antes da proxección da película.

A película producida por Filmanova e ZircoZine conta a historia dunha noite trepidante, chea de sorpresas e verdades inconfesables.

A historia de Valeriano e Cañete, é a de  dous perdedores, dúas personaxas marcadas que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos 50.

O inesperado desmantelamento do vello Hospital Real por orde de Franco para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas de Santiago de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. 

Unha noite de apracible vagabundeo convértese nunha carreira pola supervivencia de dous estraños amigados pola dor, que non podendo cambiar o mundo, loitan, polo menos, por chegar a velo, outra vez, pola mañá. 

Anterior Seguinte
RSS das novas

Últimas novas

A longametraxe Doentes seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Moscova

3 de xuño

O Festival de Cans acollerá a estrea da longametraxe galega Doentes

8 de abril

Comeza a xira do espectáculo MUNDO LOIS na Coruña

7 de abril |

Estreas de Cine Filmanova 2011

4 de abril
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain
+34 981 160 188
info@filmanova.com
Licenza | Colofón