Filmanova

  • Galego
  • Español
  • Cine
  • Televisión
  • Multimedia
  • Documentais
  • Publicidade
  • Novidades
  • Nós

“Anos Despois” seleccionada na competición oficial no Festival de Guadalajara (FICG Mexico).

3 de abril
Share

"Anos Despois", escrita e dirixida por Laura Garda Velo é unha coprodución de Ringo Rango e TVG con México, que foi seleccionado para o Festival Internacional de Cine de Guadalajara (FICG) na sección de competición oficial.

O filme conta pola parte mexicana coa participación da renomada actriz Angélica María, Moisés Arizmendi, Michelle Rogers e Emilio Guerrero. O amplo elenco galego conta con Ledicia Sola, Celso Bugallo, María Bouzas, Rosa Alvarez, Denis Gómez, Isabel Naveira, Sonia Mendes, Federico Pérez, Antonio Mourela, Tacho González, Carlos César Sante ou Cambeiro entre outros.

A cinta, que conta o conflito do distanciamento e reencontro entre unha familia despois da guerra e as diferenzas ideolóxicas que levaron á súa separación, rodouse en 2010, entre a Cidade de México e Ourense.

A estrea está prevista para o segundo semestre do ano en México e en España.

Anterior Seguinte
RSS das novas

Últimas novas

A longametraxe Doentes seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Moscova

3 de xuño

O Festival de Cans acollerá a estrea da longametraxe galega Doentes

8 de abril

Comeza a xira do espectáculo MUNDO LOIS na Coruña

7 de abril |

Estreas de Cine Filmanova 2011

4 de abril
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain
+34 981 160 188
info@filmanova.com
Licenza | Colofón