'Gordos', o novo traballo do director Daniel Sánchez Arévalo, presentarase ao gran público na cidade italiana entre o dia 2 e o 12 de setembro. Coproducida por Filmanova, a película chegará ás pantallas españolas o 11 de setembro.
A Mostra de Venecia volve apostar por Daniel Sánchez Arévalo, que sorprendeu ao xurado do festival coa sua ópera prima AzulOscuroCasiNegro. O director pretende continuar sorprendendo con Gordos, o seu novo traballo, que vén de ser seleccionado para participar na sección non competitiva Venice Days da Mostra de Venecia, por representar a calidade e a exploración de novos camiños da linguaxe cinematográfica, valores que representa esa sección.
O 30 de xullo terá lugar a rolda de prensa na que se dará a coñocer a programación da 66ª edición de la Mostra de Venecia. Sen embargo xa se avanzou o programa da sexta edición de los Venice Days-Giornate Degli Autori, unha das seccións paralelas máis destacadas, na que se exhibirán estreas mundiales.
Gordos, a segunda longametraxe de Daniel Sánchez Arévalo, que xa se presentou nesta mesma sección en 2006 coa súa ópera prima, AzulOscuroCasiNegro, que recibiu dous premios paralelos e, posteriormente, convirtiuse nunha dlas películas máis aclamadas pola crítica e o público en España, recibindo tres Goyas. Con idéntico desexo, o novo cineasta presenta agora a súa nova obra.
Os actores e actrices Antonio de la Torre, Raúl Arévalo, Verónica Sánchez, Roberto Enríquez, Adma Jezierski ou a debutante Leticia Herrero, protagonizan unha comedia que xira en torno a unha terapia de xente con problemas relacionados coa obesidade na que pretenden averiguar as causas polas cales están a disgusto co seu corpo.
A película, producida por Antón Reixa (Filmanova Invest), e José Antonio Félez (Tesela P.C.), será distribuida por Alta Classics.