FILMANOVA é un grupo de empresas audiovisuais, formado na actualidade por Filmanova S.L. (sociedade de xestión e de produción, creación de contidos e servicios de cine e TV), Filmanova Show S.L. (produtora especializada en TV musical, publicidade e formatos de TV) e Filmanova Invest S.A. (sociedade de investimento en cine).
Despois dunha longa traxectoria na produción audiovisual, Antón Reixa e un núcleo de profesionais fundan e desenvolven dende novembro de 1999 esta empresa, para continuar no ámbito da produción televisiva e ampliar a súa actividade ao cine e ó audiovisual en xeral.
En 2001 a entidade financeira Caixanova súmase ao accionariado da compañía e posteriormente incorpóranse tamén Banco Gallego e Grupo San José.
A actividade do grupo céntrase na creación e produción de contidos e servizos audiovisuais para televisión, publicidade, cine e multimedia.
Os criterios de traballo e metodoloxía da compañía baséanse en intensos procesos de desenvolvemento a través de departamentos propios de creación, desenvolvemento e produción, na potenciación dunha ampla política de alianzas e coproducións e na xestión de recursos financeiros propios para garantir a viabilidade e independencia dos proxectos.