Esta comedia conta como fai Javier para deixar de ser un adolescente serodio e facerse un home. Ten trinta e tantos, é cirurxián e no seu tempo libre dillei. Decide marchar do país cando a el e ao seu socio lles rouban todos os equipos na festa da escola Juan Vucetich da Policía.
María e Javier casan para que el consiga a carta verde. Os seus plans son mudarse o antes posible aos Estados Unidos. Ela viaxa primeiro para facer contactos, mentres el desarma a súa vida. Camiño ao aeroporto recibe unha chamada de María. Está confusa, estivo con outro home.
Unha coprodución con Rizoma Films (Arxentina) en asociación con Peluca Films e Enrique García. Co apoio da Hubert Bals Fund (International Film Festival Rotterdam) e INCAA (Arxentina).
Máis de 400.000 espectadores nas salas de España
Diego Peretti, Soledad Villamil, Cecilia Dopazo, Marcos Mundstock, Hernán Jiménez, Mariana Brisky
Guión e dirección: Juan Taratuto. Produtores: H. Musaluppi, J. Taratuto, Antón Reixa. Produción executiva: Hernan Musaluppi. Fotografía e cámara: Marcelo Iaccarino. Dirección de arte: Daniel Gimelberg.