Share

Señora Beba

2004. Jorge Gaggero (director)

Señora Beba

Beba é unha muller de clase media-alta arxentina que ve como cae o seu estatus coa hecatombe financeira do país. A partir dese intre todo muda, sobre todo a relación coa súa asistenta de toda a vida, Dora, testemuña silenciosa dos derradeiros cambios económicos da súa patroa, que hai seis meses que non pode pagarlle o soldo.

Unha coprodución de Filmanova Invest, Aquafilms e LibidoCine. O proxecto xorde no marco do Programa Raíces asinado entre o ICAA, o INCAA e as comunidades autónomas de Andalucía, Canarias, País Vasco, Cataluña, Valencia e Galicia a través do Consorcio Audiovisual de Galicia. Guión finalista no concurso Sundance-NHK International Filmmakers Award, gañador do 2º concurso de fomento da Industria de San Luis, gañador do concurso de Telefilm do INCAA, presente no 9º Laboratorio de escritura de guións cinematográficos 2003 organizado pola Fundación Toscano na cidade de Oaxaca.

Diante da cámara

Norma Aleandro, Norma Argentina. Marcos Mundstock, Raul Panguiano, Elsa Berenguer, Eduardo Rodríguez Tatán.

Detrás da cámara

Guión e dirección: Jorge Gaggero. Produtores executivos: Antón Reixa, Diego Mas Trelles. Produtores asociados: Enrique Piñeyro, Pablo Huberman.

Imaxes

Señora Beba 1Señora Beba 2Señora Beba 3
Señora Beba 1

Señora Beba 1

Señora Beba 2

Señora Beba 2

Señora Beba 3

Señora Beba 3

Premios

  • Seleccionada para a sección Zabaltegi do 52 Festival Internacional de Cine de San Sebastián optando ao premio Altadis - Novos Directores.
  • Premio á mellor actriz para Norma Aleandro no Festival Cines de España e América Latina de Bruselas (2004).
  • Premio mención especial do xurado no Festival de Tromso (Noruega, 2005)
  • Premio especial do xurado no Festival de Sundance 2005.
  • Premio á mellor actriz para Norma Argentina na Mostra de Cinema Latinoamericano de Lleida 2005
  • Premio FIRSCI Mellor Ópera Prima no Festival de Toulousse
  • Festival Internacional de Málaga 2005. Sección Pantalla Pinamar
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain