Fran rematou a carreira e non lle queda outra que entrar no mundo laboral e converterse en adulto. Como moitos outros mozos na súa situación, ve o futuro con medo. Pero ten unha vantaxe que se chama Morgan, un amigo algo maior ca el, que soubo atopar a maneira de evitar ese futuro tan incerto e angustioso. A solución é sinxela: converterse nunha carracha, nun parásito social.
Agora, exercendo de mestre, vai educar a Fran nas artes parasitarias. É máis difícil do que parece... pero o resultado compensa.
Unha produción de Filmanova e Filmanova Invest S.A. en coprodución con LugoPress e TVG e coa participación de Canal + España. Co apoio da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.
Félix Gómez, Javier Veiga, Verónica Sánchez, Luis Zahera, César Goldi, Xúlio Abonjo, Mela Casal, Mariana Carballal, Álvaro Rodríguez Guevara, Antonio Mourelos, Camila Bossa, Celso Parada, Víctor Clavijo, Xosé Manuel Esperante, Estíbaliz Veiga, María Vázquez.
Director: Jorge Coira. Guión: Carlos Portela. Produtores: Antón Reixa. José de Cora. Produtoras: Filmanova, LugoPress. Director de produción: Xabier Eirís. Director de fotografía: Chechu Graf. Director artístico: Antonio Pereira.