Share

Fútbol de alterne

2009. Alber Ponte (director)

Fútbol de alterne

En Vilaboa (calquera lugar de Galicia…) hai un modesto club de fútbol: Anduriñas, un modesto clube de alterne, Walkirias, un modesto gañador de concursos televisivos, Arsenio, e un alcalde prepotente, que pensa que ética é unha illa grega. Pero un día, inesperadamente, o Anduriñas queda sen patrocinador, Coral chega dende Venezuela para facerse cargo do club Walkirias e Arsenio non sabe contestar no programa de TV e pérdeo todo. Como as sorpresas nunca chegan soas, Arsenio vólve a calzar as botas coas que  forxou unha lenda nos campos de xogo. Coral, ante a falta de voluntarios, decide que o Walkirias sexa o novo patrocinador do Anduriñas. As mozas do clube convértense nas animadoras máis descocadas de Europa. Os futbolistas e as alegres valkirias comezan a facerse populares, e Xulio o alcalde que sofre unha estraña alerxia ante a felicidade dos demais, decide pór mans no asunto.

Todo isto e moito máis é o que fai funcionar a engrenaxe desta divertida historia con máis de 30 personaxes.

Detrás da cámara

Produción executiva: Antón Reixa, Tania R. Pino. Director: Alber Ponte. Guión: Alber Ponte, Joan Potau, Antón Reixa. Dirección de produción: Xabier Eirís. Dirección de fotografía: Chechu Graf. Dirección de arte: Fabiola Fernández, Alexandra Fernández. Música: Manu Riveiro. Directora de marketing: Cani Martínez. Directora de desevolvemento: Elena Couto, Coordinador de marketing e desenvolvemento: Anxo Álvarez. Director económico financeiro: Carlos P. Sampedro. Contabilidade: Telly Martínez. Administración: Cristina Martínez. Secretaria de produción: Erika Alonso. Director técnico: Tonche Segade. Edición: Manuel Buceta. Postprodución: Enrique Moro.

Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain