“O Gran Camiño” é un reality que mestura a promoción de hábitos de vida saudables cun concurso eliminatorio; dez concursantes percorren o Camiño de Santiago para superar un gran reto, deixar de fumar, e acometen diferentes probas ao longo das etapas que percorren. É un desafío de convivencia e de superación persoal, pero tamén unha "ginkana" de probas sorprendentes en que dez concursantes de distintos puntos de Galicia terán que demostrar o seu descaro, valentía e bo humor. Deste xeito, os participantes entrarán na encrucillada do Camiño de Santiago ao tempo que poñen en práctica un reto: deixar de fumar, a partir dunha nova terapia posta en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela.
Reality Show baseado nunha idea orixinal de Filmanova, é unha produción de Filmanova e Continental Producciones para TVG. Co patrocinio do Xacobeo.
Presentador: Carlos Blanco
Director: Antonio Segade. Guión: Jacobo Paz, Francisco Abelleira, Alicia Freire. Produtores: Antón Reixa, Pancho Casal. Directora de desenvolvemento: Elena Couto. Director de produción: Xabier Eirís. Fotografía: Alberto Diaz Bertitxi, Santiago Vila