Share

O lapis do carpinteiro

2003. Antón Reixa (director)

O lapis do carpinteiro

O Lapis do Carpinteiro conta a historia de amor de Marisa Mallo, filla dun reaccionario oportunista, e Daniel Da Barca, un médico novo apresado ao estourar a Guerra Civil polas súas ideas republicanas. Na prisión, Daniel intenta preservar a súa liberdade gracias ao poder da palabra e á imaxinación, mentres, fóra do cárcere, Marisa loita por recuperar a Daniel para fugarse con el a esoutra prisión da guerra que é o esquecemento. Sempre asexando os dous amantes, está Herbal, o garda, o carcereiro que vixía a Daniel e a Marisa e que esconde un segredo, unha obsesión cravada na conciencia entre os trazos dun vello lapis de carpinteiro. 

Cando os falanxistas comezan a levar os presos para fusilalos clandestinamente e os amigos de Daniel van caendo un tras doutro, a vida de Da Barca estará nas mans de Herbal, a sentinela que se debate entre a violencia e a conciencia, entre o odio e a admiración por Daniel.

Coprodución con Sogecine, Morena Films, TVG, Telemadrid, D&D Audiovisuais (Portugal) e Fish People (Gran Bretaña).

Ata a data, a película vendeuse a Italia, Turquía, Ucraína, México, Arxentina, Uruguai, Chile, Paraguai e á cadea de TV de pago Pan Latinoamericana para a súa emisión en Latinoamérica.

Diante da cámara

Luís Tosar, Tristán Ulloa, María Adánez, Luis Zahera, Nancho Novo, Miguel De Lira, Isabel Blanco, Santi Prego, Xulio Abonjo, Gonzalo Uriarte Martín, Antonio Durán Morris, Mónica García, Mariana Carballal, Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Tucho Lagares, Maxo Barjas, Sergio Pazos, Manuel Millán, Monti Castiñeiras, Marcos Orsi, Antonio Mourelos, Manuel Lourenzo, Tuto Vázquez, Celso Parada, Rodrigo Roel, Josito Porto, Nekane Fernández, Xosé Manuel Esperante, Eduardo Alberto Rodriguez Tatán, Xavier Estévez, Ignacio Castaño.

Detrás da cámara

Director: Antón Reixa. Guión: Antón Reixa, Xosé Morais (guión baseado na novela homónima de Manuel  Rivas). Produtores: Juan Gordon, Antón Reixa. Productores asociados: María Angulo, David Martínez, Pedro Uriol. Productores delegados: Carlos Carballo, Mercedes Gamero, Cani Martínez. Director de produción: Javier Zulueta. Xefa de produción: María Liaño. Música: Lucio Godoy.

Imaxes

Lapiz do carpinteiro 1Lapiz do carpinteiro 2Lapiz do carpinteiro 3
Lapiz do carpinteiro 1

Lapiz do carpinteiro 1

Lapiz do carpinteiro 2

Lapiz do carpinteiro 2

Lapiz do carpinteiro 3

Lapiz do carpinteiro 3

Premios

  • Nominada a dous Goyas en 2003: mellor interpretación feminina de reparto (María Pujalte) e mellor dirección artística (Juan Pedro de Gaspar).
  • Premio do público á mellor pelÌcula e Ástor de prata á mellor interpretación masculina para Luís Tosar no Festival arxentino de Mar del Plata 2004.
  • Seleccionada no Festival de Cine Español (Caracas, outubro 2003)
  • Seleccionada no Festival de Cine Europeo (Seúl, outubro 2003)
  • Seleccionada no Raindance Film Festival (Londres, outubro-novembro 2003)
  • Seleccionada no Cines de España y América Latina (Bruxelas, novembro 2003)
  • Seleccionada no Festival Internacional de Cine do Sahara (Alxeria, novembro 2003)
  • Seleccionada na primeira Mostra de Cine Galego (Bos Aires, decembro  2003)
  • Seleccionada no Spanish Cinema Now Lincoln Center (Nova York, decembro  2003)
  • Seleccionada no Festival de Nantes (Nantes, xaneiro 2004)
  • Seleccionada no Sentimientos del Camino (París, febreiro 2004)
  • Seleccionada no Festival de Mar del Plata (Bos Aires, marzo 2004)
  • Seleccionada no Festival de Cine Español (Nantes, marzo 2004)
  • Seleccionada no Viva Manchester (Manchester, marzo 2004)
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain