Dos anuncios publicitarios e do neón de Tel Aviv á pobreza e á desesperanza dos territorios ocupados de Gaza e Cisxordania, Checkpoint Rock achégase a músicos moi distintos. De aldea en aldea e de checkpoint en checkpoint, un percorrido que cambiará a visión que se ten deste pobo en conflito.
Documental de 70'. Unha produción de Filmanova en coprodución con K 2000 e co apoio de ETB.
Dam, Khalas, Amal Murkus, Safaa Arapiyat, Walla'at, Habib Addeek, Sabreen.
Director: Fermín Muguruza. Realizador: Javier Corcuera. Produtores: Antón Reixa, Ricardo González.