Share

Desconxélate

2003. Félix Sabroso e Dunia Ayaso (directores)

Desconxélate

Xusto Santos é un actor que traballa nun cabaré rexentado por seu irmán Berte, un mozo ex presidiario e traficante. Iris, a muller de Xusto, dedícase a darlles clases de cociña ás señoras do barrio.

Unha noite aparece polo cabaré Aitor, director de cine de moda que queda marabillado co cutre-show de Xusto e, cego de coca, ofrécelle a oportunidade da súa vida: protagonizar a súa próxima película. A cuestión complícase cando unha noite, antes de asinar o contrato millonario, o director morre accidentalmente na casa de Xusto e de Iris, facendo que se esvaezan os soños de prosperidade da familia Santos. Iris négase a aceptar que perderon e propón ocultar o cadáver ata que se asine o contrato.

O que parece un plan simple complícase por varios puntos de xiro nunha trama trepidante e de ton acedo onde participarán unha chea de personaxes.

A casualidade, a ironía da vida e a ambición son o tema de fondo desta comedia negra.

Coprodución con El Deseo S.A, Mediapro e Telemadrid.

Diante da cámara

Candela Peña, Pepón Nieto, Loles León, Rubén Ochandiano, Óscar Jaenada, José Ángel Egido, Pilar Castro, Roberta Marrero, Angel Burgos.

Detrás da cámara

Guión e dirección: Félix Sabroso, Dunia Ayaso. Produtores: Antón Reixa, Agustín Almodóvar, Jaume Roures. Produtores executivos: Esther García, Juan Ruiz de Gauna. Directora de produción: Esther García. Director de fotografía: Kiko de la Rica. Montaxe: Pepe Salcedo. Música: Mariano Marín.

Imaxes

Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain