Chonchiña e Francisco atópanse en 1931 en Santiago de Compostela e comezan un longo noivado. O golpe de Estado militar franquista do 18 de xullo de 1936 trastorna para sempre os proxectos da parella de mozos.
Francisco é condenado a morte e logo indultado. Queda preso durante sete anos. Cando o liberan, a parella destérrase a México durante máis de trinta anos.
Hoxe en día, Chonchiña conta a súa historia nesta película que evoca o traxecto dalgúns republicanos en loita contra o fascismo nas horas máis negras dun conflito que prefiguraba a Segunda Guerra Mundial.
“Unha historia de amor tan louca como laboriosamente construída contra a adversidade. Contra a triste historia de España”. Esta frase de Manuel Rivas resume ela soa este proxecto: evocar a Guerra Civil española, o episodio máis tráxico da historia contemporánea dese país, contando a vida de Chonchiña e Francisco cuxo destino será trastornado por acontecementos históricos.
Tamén ao mesmo tempo trata do lento proceso de recuperación da memoria emprendido dende a transición democrática.
Director: Patrick Séraudie. Produtores: Antón Reixa e Patrick Séraudie. Música: Pierre Redon. Director de fotografía: Maxime Jouy. Director de produción: Miguel Mariño Lamas.