Emitido o 25 de xullo de 2006, o documental recolle a visión de Santiago de Compostela de seis artistas con diferentes vinculacións á cidade: Julián Hernández (músico), Xosé Luis Bernal “Farruco” (actor, cómico), Hannes Störn (director de cinema), Luisa Castro (escritora), Yolanda Castaño (escritora) e Luís Tosar (actor).
Cada un dos participantes gravou cunha mini-cámara aqueles lugares da cidade que el mesmo seleccionou polo seu vencellamento e á súa memoria persoal de Compostela. Ao mesmo tempo, unha cámara rexistrou o “making of” de cómo o personaxe ía efectuando a súa propia gravación, así como os seus comentarios. Por último, graváronse conversas sobre Compostela con Antón Reixa, presentadas nunha escenografía baseada na proxección e na incrustación dos materiais pregravados polo convidado.
A edición destas tres fontes de imaxe combinadas deu en resultar Compostela, cruce de miradas.
Director: Antón Reixa. Director técnico: Antonio Segade. Iluminación: Pablo Anllo. Produción: Xabier Eirís.