Share

Santa Liberdade

2004. Margarita Ledo Andión (directora)

Santa Liberdade

En xaneiro do 1961 un grupo de exiliados antifascistas españois e portugueses baixo as siglas DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) secuestran o trasatlántico de luxo “Santa María” nas Pequenas Antillas.

“Operación Dulcinea” é o nome desta especie de utopía que ao longo de dúas semanas protagoniza un comando armado ás ordes de José Fernández, comandante da marina do exército republicano español, do capitán do exército portugúes Henrique Galvão, e que ten como ideólogo da oposición republicana no exterior, o exiliado galego en Venezuela, Xosé Velo Mosquera.

O primeiro secuestro político da historia axita a consigna de acabar coas ditaduras de Franco e Salazar.

Unha producción de Nós P.G. en coproducción con Filmanova, TVG, Grupo Novo de Cinema e TV (Brasil), Tango Bravo (Venezuela), CNAC (Venezuela), Textimedia (Portugal) e Televisión de Galicia (TVG). Co apoio da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e o Programa Ibermedia.

Detrás da cámara

Dirección: Margarita Ledo Andión. Produtores: Antón Reixa, Xosé Luís Ledo Andión.

Tags:
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain