A Casa de 1907 é unha experiencia televisiva na que dúas familias viaxan no tempo e viven durante sete semanas en 1907, en dúas casas que imitan á perfección as vivendas galegas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente ou comodidades actuais. Os concursantes, ataviados con roupas de época, convertéranse en labregos de hai cen anos e traballarán a terra para conseguir o sustento. Estarán illados da vida moderna e vivirán literalmente como en 1907.
Reality show. Unha produción de Filmanova e Continental Producciones para TVG.
Coprodución da adaptación do formato orixinal para Canal Sur, TV3 e ETB:
Concursantes: Familia De Dios e Familia Faria
Dirección: Sonia Barros. Produtores: Antón Reixa, Pancho Casal. Realización: Carlos Davila. Dirección de produción: Carlos Amoedo. Dirección Artística: Marta Villar. Guión: María Yáñez, Marcos Nine, Matías Tarrío, Mónica Nión.