Share

A casa de 1906

2006. Sonia Barros (directora)

A casa de 1906

A Casa de 1906 é unha experiencia televisiva única na que dúas familias viaxan no tempo e viven durante sete semanas en 1906, en dúas casas que imitan á perfección as vivendas galegas de principios do século XX, sen luz eléctrica, auga corrente ou comodidades actuais. Os concursantes, ataviados con roupas de época, convertéranse en labregos de hai cen anos e traballarán a terra para conseguir o sustento. Estarán illados da vida moderna e vivirán literalmente como en 1906.

Unha produción de Filmanova S.L. e Continental Producciones para TVG, co patrocinio de Cabreiroá.

Diante da cámara

Familia Gonzalez Lema, Familia Peña.

Detrás da cámara

Dirección: Sonia Barros. Guión: Xosé Morais, Sonia Barros. Produción executiva: Xosé Morais, Marco Meere. Produtores: Antón Reixa, Pancho Casal. Realización: Toño López. Dirección de produción: Carlos Amoedo.

Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain