Este telefilme comeza cando Antonio Salas, xornalista especializado en investigacións con cámara oculta, perde a Víctor, o seu compañeiro de traballo de orixe sudamericana e irmán da súa moza, nas mans dun grupo de cabezas rapadas. Entón acorda infiltrarse nos grupos neonazis de Madrid para descubrir os asasinos para o que conta, ademais de consigo mesmo, co apoio de David, un policía que tempo atrás estivera infiltrado nesos grupos de ideoloxía neonazi e que non conseguira chegar ata a cúpula.
Unha produción de Filmanova para Telecinco.
Tristán Ulloa, Macarena Gómez, Juana Acosta, Jose Carreño, Adrián Viador, Artur Trillo, Pau Cólera, Luís Zahera, Antonio Mourelos, Carmen Abizanda, Iria Sobrado.
Director: Jacobo Rispa. Guión: Antonio Onetti e Ramón Campos. Baseada no popular best-seller “Diario de un Skin”, de Antonio Salas. Produtores executivos: Anton Reixa, Diego Mas Trelles.