Francisco Rodríguez e José Manuel Clavijo, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de realizar o que en aparencia é un excelente negocio: comprar alí unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Pero as cousas non saen como esperaban: Carlos, necesitado de cartos, ten pensado un negocio moi distinto.
A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos, quen pretende levar unha parte do rescate que lles pagarán as familias dos secuestrados. Ambos pasarán un ano de calvario, arrastrados dun zulo para outro polos secustradores e tratados coma animais.
Entrementres, en Madrid, Rosa e Helena, as mulleres dos secuestrados, intentan lograr a liberación dos seus homes por todos os medios diplomáticos posibles… Ata que non queda outro remedio que ir a Xeorxia e pagar o rescate que esixen os secuestradores.
Chete Lera, Manuel Morón, Rosa Estévez, Beatriz Santana, Santi Prego, Monti Castiñeiras, Antonio Mourelos, Miguel de Lira, Celso Bugallo, Alvaro Guevara, Andrej Sobolev, Yeugen Mitin, Andrej Szkandera, Carlos Blanco, Roman Luknar, Lois Soaxe, Arsen Gyulnazaryan, Vasyl Protsenko, Roberto Sánchez 'Luna'.
Director: Gustavo Balza. Guión: Xosé Morais e Ramón Campos. Produtores executivos: Antón Reixa, David Martínez. Director de fotografía: Suso Bello. Música: José Luis Vázquez.