Share

Lena

2001. Gonzalo Tapia (director)

Lena

Cando acabas de facer os 18, vives nunha cidade afectada polo paro, es orfa de nai e teu pai non é o mellor exemplo para seguir, tes que buscar a vida, e iso é o que fai Lena.

Lena ten 18 anos e vive no barrio portuario de Bouzas, na ría de Vigo, antigamente habitado por mariñeiros, pescadores e persoal do porto, aínda que tras a crise dos anos 80 o paro deixou marca no sector e a zona quedou afectada por certo declive social.

Lena non levou unha vida nada fácil: orfa de nai e cun pai afeccionado á bebida e eternamente no paro ou metido en choios de catro pesos, desde moi pequena tívose que afacer a resolver os seus propios asuntos. É unha rapaza lista e responsable; a súa sensatez contrasta co descontrol de Gorrión, seu pai.

Pero malia todos os seus defectos, Gorrión é un pai simpático e cariñoso e Lena, que o adora, sempre xustifica e perdoa os seus desatinos.

Coprodución con Tráfico de Ideas, Producciones La Iguana, Alta Films, TVG e Take 2000 (Portugal).

Diante da cámara

Roberto Álvarez, Manuel Manquiña, Marta Larralde, Luís Tosar, Luís Zahera, César Goldi, Santi Prego, Vicente de Souza, Miguel Borines, Feli Manzano, Josito Porto, Luísa Martínez, Avelino González, Eduardo Alberto Rodríguez ´Tatán´.

Detrás da cámara

Director: Gonzalo Tapia. Produtora executiva: Piluca Baquero. Guión: Gonzalo Tapia, Antonio Trashorras, David Muñoz. Produtores: Antón Reixa, Elena Manrique, Enrique González Macho, Santiago García de Leániz, José Maceda, Piluca Baquero.

Imaxes

Tags: drama

Premios

  • Premio do público á Mellor longametraxe na Mostra Cinematográfica do Atlántico, Alcances 2001
  • Premio á Mellor ópera prima no Festival Madridimagen
  • Premio especial do xurado a Marta Larralde no II Festival Ópera Prima de Tudela
  • Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego á mellor Interpretación feminina para Marta Larralde
  • Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego á mellor maquillaxe
Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain