Madrid, primavera do 2006: Diego Durand, bioquímico, casado e cun fillo, leva unha vida feliz e rutinaria. Unha noite ve na TV algo que trocará a súa vida: a morte dun home idéntico a el. A partir dese momento, dase de conta de que nada é como el cría: os seus pais confésanlle que foi adoptado, e a súa muller non é a súa muller... Unha espiral de sucesos imprevistos e sorprentes irrompe na súa tranquila vida.
Unha produción de Filmanova, Rioja Audiovisual, Nada Music, Taznia Media, Infinity Films e FAME (Reino Unido).
Lucía Jiménez, Adriá Collado, José María Pou, Núria Gago, María Luisa Merlo.
Director: Guillermo Groyzard. Guión: Chus Vallejo, Manuel Valdivia, Nacho Cabana. Produtores: Ibon Cormenzana, Mike Downey. Produción executiva: Antón Reixa