Share

Camarón

2005. Jaime Chávarri (director)

Camarón

Camarón é a biografía nunca contada do xenio da música flamenca: José Monge Cruz, Camarón de la Isla. O filme elixe o personaxe como protagonista absoluto. Un percorrido pola súa vida e obra, un achegamento a este xenial cantaor: os seus amores, a gravación dos seus discos, o recoñecemento nacional e internacional, a voda con Dolores "La Chispa", as drogas e o seu deterioro físico, sendo aínda moi novo.

O filme ten tres etapas: o descubrimento, a confirmación e o recoñecemento-despedida. En cada unha delas Camarón está arroupado por personaxes da cultura flamenca como Paco de Lucía, Tomatito ou Paco Cepero e o legado das súas cancións irá acompañando a historia.

Camarón é unha produción de Monoria Films, coproducida por Filmanova Invest, e coa participación de Televisión Española (TVE) e Telemadrid. Distribuida por Buenavista Internacional.

Diante da cámara

Oscar Jaenada, Jacobo Dicenta, Verónica Sánchez, Mercé Llorens, Martín Bello, Raúl Rocamora, Alfonso Begara, Manolo Caro.

Detrás da cámara

Director: Jaime Chávarri. Guión: Álvaro del Amo, Jaime Chávarri. Produtor: Miguel Menéndez de Zubillaga. Coprodutor executivo: Antón Reixa. Director de fotografía: Gonzalo Berridi.

Imaxes

Filmanova
Mª Luísa Durán Marquina 20, 1º
15011 A Coruña
Spain