Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si continúas navegando, implica que las aceptas y estás de acuerdo con nuestra política de cookies. OK
Share

Galatasaray - Dépor

2005. Hannes Stöhr (director)

Galatasaray - Dépor

Europa: día da final da Champions League entre o Galatasaray Istambul e o Deportivo da Coruña en Moscova: unha muller de negocios e unha pensionista rusa en Moscova, un excursionista alemán e un taxista en Istambul, un peregrino húngaro en Santiago de Compostela e unha parella francesa que visita Berlín como artistas de rúa vense involucrados en problemas coa policía ao mesmo tempo. Catro casos de roubo de equipaxe, catro comisarías de policía, catro veces a Champions League, a febre do fútbol está en todas partes, e o euro xa está en circulación, só hai problemas coa linguaxe...

Unha produción de Moneypenny Filmproduktion (Alemania) en coprodución con Filmanova S.L., Filmanova Invest S.A. e TVG. Co apoio da Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, German Federal Filmboard (FFA), Programa Media Plus, Filmboard Berlin Branderberg, Filmstiftung NRW, a distribuidora Piffl Medien e o Programa Eurimages.

Presentada na 55ª edición do Festival Internacional de Cine de Berlín.

Diante da cámara

Megan Gay, Luidmila Tsvetkova, Andrej Sokolov, Luís Tosar, Florian Lukas, Erdal Yildiz, Peter Scherer, Miguel de Lira, César Goldi, Monica Garcia, Víctor Mosqueira, Marta Pazos, Blanca Cendán, Patricia de Lorenzo, Jesus Ron, Kalin Foz, Rachida Brakni, Boris Arquier, Kirsten Block.

Detrás da cámara

Escrita e dirixida por: Hannes Stöhr. Coprodutores galegos: Antón Reixa, Diego Mas Trelles. Música: Florian Appl. Director de fotografía: Florian Hoffmeister

Imaxes

Galatasaray-Depor 1Galatasaray-Depor 2Galatasaray-Depor 3
Galatasaray-Depor 1

Galatasaray-Depor 1

Galatasaray-Depor 2

Galatasaray-Depor 2

Galatasaray-Depor 3

Galatasaray-Depor 3

Premios

  • Presentada na 55ª edición do Festival Internacional de Cine de Berlín.
Filmanova
Simón Bolívar, 13 baixo
15011 A Coruña
Spain